Tinta e sons chegan a esta mostra que tenta ampliar as sensacións.
As composicións musicais para gaita e piano de Sabela Olivares harmonízanse coa
tinta chinesa nunha abstracción sobre o papel da man do artista David Cuence.
Un estímulo visual materializado en nove pezas pertencentes
ao disco O`Clásico Fol do grupo Boroa.
David Cuence
Nacido en Rois en 1983 adícase profesionalmente ás artes plásticas como ilustrador, deseñador gráfico e muralista dende os 20 anos. No ano 2011 remata o Grao Superior de Deseño de Produto na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela.
Na última década participa en diferentes proxectos entre os que destacan “Door” (banda deseñada escrita por Antonio Martínez Ron, 2017) e Sintaxe (cofundador e deseñador de marca e de produto, 2018). Tamén é creador de diferentes produtos relacionados coa cultura galega
como “Barallada”, “Galician Rock Stars”, “Sebo de Ghrilo”, etc.
Na súa pintura mestúranse temas mariños e terrestres con reivindicación social e unha tradición musical con especial atención ao xesto e ao retrato humano. Con esta exposición comeza a explorar un novo camiño dentro da abstracción.
Sabela Olivares
Nacida en Vigo en 1981 adícase profesionalmente a música como intérprete e docente dende os 19 anos. Posúe o Título Superior de Música na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular, o Título de Profesora na especialidade de Piano, o Título Profesional de Música na
especialidade de Gaita e o Grao de Educación Primaria con mencion en Música.
Dende o ano 2004 participa como intérprete e compositora en diferentes proxectos musicais que desembocaron na gravación de diversos traballos disc ográficos como A Companhía do Ruido (2005), Pensares galegos (2013) e O Punchi must go (2018) entre outros. No ano 2022 publica dous libros de valses para gaita e piano e colabora noutras publicacións como As que dormen entre o centeo (2023).
Boroa
Grupo musical galego integrado por Suso Bello, Alberto Millán e Sabela Olivares. Coa gaita como protagonista, Boroa presenta un c onxunto de melodías de creación propia construindo un universo sonoro que propón unha viaxe musical alén do Atlántico, que parte da nosa raíz e se ache ga a harmonías de dif erentes xéneros musicais c omo o swing, o jazz manouche ou o ragtime.
A proposta de Boroa ofrece un directo variado onde se integran, ademáis dos temas do seu disco O`Clásico Fol, interpretacións de música contemporánea, de clásicos do cine ou repertorio tradicional doutras culturas.
11 de Novembro - 11 Decembro 2023
Inauguración: Sábado 11 Novembro ás 20:00h.
LA DOCE