En Fragmentos Peri preséntanos un mundo en constante cambio no que as formas xeométricas dan paso a outras máis orgánicas, como se dos restos dalgunha civilización extinta que van sendo engulidos pola natureza se tratase.
Este proceso de fragmentación, de ruptura co anterior, é aos ollos do artista unha metáfora dos procesos de creación-destrucción que periódicamente viven a humanidade e a súa contorna, sempre en constante loita, en constante cambio: o artificial convive/compite co natural. O xeométrico co orgánico. O branco co negro.
Para Peri estes son procesos que se retroalimentan, que se complementan, e que tenden a voltarse cíclicos. Procesos que forman parte, polo tanto, da maneira na que o ser humano se relaciona coa súa contorna. E é precisamente ahí, na relación entre o ser humano e a súa contorna, onde considera de vital importancia prestar atención aos pequenos detalles.
A nivel formal, Peri preséntanos unha mostra estructurada nunha serie de traballos centrais orbitados, ou directamente relacionados, con diversos fragmentos extraídos deles. Sempre cunha marcada intención metafórica, o artista invítanos a fixarnos nos detalles e a interpretar os cambios que poidamos percibir neles: novos personaxes, novas formas, procesos de rexeneración e/ou destrucción… elementos todos eles que o autor emprega como termos imaxinarios das metáforas que inundan os seus traballos.
En calquera caso, máis alá da intención metafórica desta exposición, o traballo de Peri Helio sempre está cargado de detalles, e observar con detemento a súa obra supón, sen ningunha dúbida, adentrarse nunha viaxe a lugares descoñecidos impregnados dunha grande carga onírica e surrealista.
A exposición poderá visitarse ata o 16 de Outubro.
Horario: Luns-Venres 10:00-13:00 e 16:30-20:30.
Máis info_Peri Helio: https://perihelio.es/