InicioInicio
EmpresaEmpresa
ContactoContacto
FormacionFormacion
TalleresTalleres
CalendarioCalendario
CreaciónCreación
Instalaciones / TallerInstalaciones / Taller
CoworkingCoworking
Residentes Residentes
GaleríaGalería
ExposicionesExposiciones
ArtistasArtistas
EspacioEspacio
FeriasFerias
TiendaTienda
HandmadeHandmade
Material de Bellas ArtesMaterial de Bellas Artes
EnmarcadoEnmarcado
Exposiciones
<< volver
Back
wtf. natasha lelenco
Del 24 Enero - 24 de Febrero 2026

Volvo a La Doce, en Boiro, case dez anos despois da miña primeira exposición na galería, cunha selección de pezas de distintas series que pon de manifesto un dos fíos condutores do meu traballo: a atención ao asombro, pero tamén ao desconcerto fronte á realidade, nun what the fuck constante.

Este WTF toma préstamos do surrealismo, mais, a diferenza deste, non contén esperanza nin vocación revolucionaria clara. Temo que esas palabras foron xa apropiadas e baleiradas desde outras posturas profundamente inhumanas.

O que queda neste WTF e o que tamén atravesa a miña obra é, tal vez máis como desexo que como certeza, a crenza no imaxinativo, no humor e no delirio cromático como actos de resistencia, ainda que temporal, contra as grandes e pequenas crueldades do cotiá. Tamén a intuición de que o que viñamos entendendo como humano ten que estar, necesariamente, noutra parte, e que quizais a resposta que nos permita comprender, se é que aguantamos na terra o suficiente, non teña forma de palabras.

Como fai dez anos fixeramos co cabaret de Lili Berlín, a inauguración desta nova exposición contará coa performance musical de #BORDE, que será ademais a primeira presentación pública da proposta máis íntima e fronteiriza de Suso Alonso e que se autodefine como cantautor desinfluencer.

Natasha Lelenco
 



Lugar
La Doce

Avd Constitucion nº12, Bajo
15930 Boiro
Tel: 981 97 28 54
info@ladoce.net
Google maps
Todos los derechos reservados. 2015.