InicioInicio
EmpresaEmpresa
ContactoContacto
FormacionFormacion
TalleresTalleres
CalendarioCalendario
CreaciónCreación
Instalaciones / TallerInstalaciones / Taller
CoworkingCoworking
Residentes Residentes
GaleríaGalería
ExposicionesExposiciones
ArtistasArtistas
EspacioEspacio
FeriasFerias
TiendaTienda
HandmadeHandmade
Material de Bellas ArtesMaterial de Bellas Artes
EnmarcadoEnmarcado
Exposiciones
<< volver
Back
Literatura textil. Sandra Parguiña
Del 12 de Abril al 24 de Mayo 2025
A literatura é fío e tecido. As súas historias, enleadas en palabras, poden tamén entrelazarse en prendas. “Literatura téxtil” é un diálogo entre o relato e a moda, unha reinterpretación da narrativa a través da ilustración e a confección. Dúas coleccións inspíranse en dous clásicos inmortais: Mississippi Tales, unha oda á liberdade infantil e á aventura, e Dorian Decays, un reflexo da beleza efémera e a decadencia. O corpo vístese de palabras que non se len, pero se intúen, de paisaxes e obxectos que evocan as atmosferas literarias.

 
MISSISSIPPI TALES
O sol abrasador sobre o Mississippi, o son dos grilos e o balbordo dos xogos. “Mississippi Tales” afonda no imaxinario de As Aventuras de Tom Sawyer, construíndo prendas que son lenzos dunha infancia desbocada. As escenas da novela debúxanse a man sobre o tecido, con ilustracións inspiradas nas obras de Norman Rockwell, pero tamén en formas espontáneas que capturan a esencia dun mundo en movemento: cabanas agochadas entre árbores, barquiñas que serpentean polo río, supersticións, tesouros e pequenos animais.Tom Sawyer vístese de formalidade imposta: unha roupa que non lle pertence. Huckleberry Finn, en cambio, vístese de liberdade. Ambas personalidades dialogan nas prendas, onde o bordado a punto de cruz convive co debuxo a man en superficies de algodón e liño.
 
DORIAN DECAYS
A sombra dun espello que agocha segredos, o perfume doce das flores que murchan, a quietude dun reloxo parado no tempo. Dorian Decays traslada á moda a esencia de O Retrato de Dorian Gray: a obsesión pola beleza, o medo á decadencia, a fascinación polo oculto.“(Dorian Gray) coleccionaba para esquecer e escapar do mundo”. As prendas convértense en arquivos persoais, en gabinetes de curiosidades onde se mesturan ilustracións botánicas, antigüidades e fragmentos da historia do protagonista. As capas de tecido esconden e revelan detalles, coma se cada prenda agochase o seu propio segredo. A súa estética, inspirada nos estudos botánicos decimonónicos, evoca tamén o trazo de Egon Schiele e a minuciosidade da ilustradora Katie Scott, mentres que a súa confección bebe das influencias de Erdem, Markus Lupfer ou Dries Van Noten.
Lugar
La Doce

Avd Constitucion nº12, Bajo
15930 Boiro
Tel: 981 97 28 54
info@ladoce.net
Google maps
Todos los derechos reservados. 2015.