Aquanelas. Leandro Lamas
22 Febreiro 2025 - 5 Abril 2025
Aquanelas é unha mostra expositiva na que o artista Leandro Lamas mostra o seu ideario máis persoal a través da acuarela.
A natureza, os paxaros e outros elementos simbólicos conforman imaxes poéticas en figuras femininas.
Son obras feitas dende a calma da produción artística sen encomendas; disfrutando do proceso e da liberdade do acto creativo tras máis de 25 anos da súa última exposición.
Leandro Lamas realizou a súa primeira mostra no ano 1997 no Café da Vaca, Ferrol e ao ano seguinte na Galería Sargadelos, Ferrol. A partir dese momento foi levando os cadros dun sitio a outro en diferentes espazos de Galicia e Portugal. Adicouse a facer murais, portadas de CDs, ilustracións de contos, e sobretodo pintando obras personalizadas.
Para a realización de "Acuanelas" foi sacando tempo entre varios dos traballos que vén desenvolvendo, para pintar estas 15 acuarelas con total liberdade.