O livián é o breve que deixa pegadas. O aceno mínimo que esparexe horizontes. Doce obras nas que poesía, pintura e música se entretecen convidando a deter o tempo. Cada peza é unha experiencia contida onde oído, mirada e intuición dialogan sobre vivencias partilladas abrindo unha fiestra á reflexión. A compositora Sabela Olivares propón xunta dous artistas da súa contorna, David Cuence e Xabier L. Marqués, unha exposición multisensorial para experimentar interpretacións simultáneas sobre doce produtos cotiás que as vosas mentes crearon nalgún momento. Ademáis da contemplación reflexiva, a intención é que xoguedes, se vos presta, a adiviñar cal é a nosa interpretación. Respetando sempre, vaia por diante, o libre entendemento que vos suxira cada palabra, cada tintura, cada compás. Sen máis, desfrutade...