Cor e Trazos. Seijas
Del 13 de Abril al 13 de Mayo 2024
Se amosamos a idea, o trazo e a cor, xa temos moito camiño percorrido...”
Faustino Seijas, Licenciado en Belas Artes na especialidade de Pintura e Escultura (Univ Barcelona e La Laguna) leva desenvolvendo a sua faceta creativa ao longo de toda a sua traxectoria artística.
Son obras que se centran en xogos compositivos onde formas, trazos e cores conviven para suxerir diferentes sensacións no espectador, e incluso escapar do propio soporte da pintura. Pinturas que xogan a ser esculturas e esculturas que parecen pinturas. Este é o universo creativo que pode verse nesta mostra expositiva na galería “la doce”.
Seijas ten participado en numerosas exposicións individuais entre as que destacan Black Box Gallery, Casa Museo María Pita ou Casa Museo Casares Quiroga, entre outras.
Ademáis o seu traballo tense exposto en numerosas ocasións no territorio nacional e internacional, como na Mostra Premio de Pintura BBVA 2021, XIX Certamen Internacional de Pintura Contemporánea 2023 da Fundación Pola de Siero ou XVlll Exposición Internacional Museo Mundoarti Summer.