InicioInicio
EmpresaEmpresa
ContactoContacto
FormacionFormacion
TalleresTalleres
CalendarioCalendario
CreaciónCreación
Instalaciones / TallerInstalaciones / Taller
CoworkingCoworking
Residentes Residentes
GaleríaGalería
ExposicionesExposiciones
ArtistasArtistas
EspacioEspacio
FeriasFerias
TiendaTienda
HandmadeHandmade
Material de Bellas ArtesMaterial de Bellas Artes
EnmarcadoEnmarcado
Exposiciones
<< volver
Back
A figura feminina dende o primitivismo actual. Camilo Seira
Del 27 de Mayo al 6 de Julio 2023
"A figura feminina dende o primitivismo actual" é o título da exposición que Camilo Seira inaugura este Sábado 27 de Maio ás 20:30 h na sala boirense.
 
A mostra recorre diferentes visións da muller a través dos materiais e as formas primixenias.

A obra, dun marcado carácter primitivista, expresionista, cunha policromía arraigada no patrimonio etnográfico, agocha vestixios de arte clásico desde una perspectiva conceptual, con materiais propios da terra : madeira, pedra ,coiro, musgo ou mesmo bosta….

Seira é un artista que profundiza obsesivamente nas orixes do ser humano, na súa estreita relación co espazo telúrico que habita e comparte co resto de criaturas totémicas. Para elo vive e comulga nun habitat natural propicio, rodeado de seres animados -domésticos e salvaxes- coa intención de sentirse e necesitarse mutuamente, ata o punto de entender e interiorizar aquel antigo vínculo do home coa natureza e poder expresarse así dende un punto de vista artístico pero con rigor científico e antropolóxico. Esta forma de vida; aprendizaxe e experimentación, lévano a probar novas vías na plástica contemporánea, reflectindo nas súas obras un universo íntimo e atemporal.

A exposición pode visitarse ata o 6 de Xullo.
 
TEXTO FOLLA DE SALA:

A muller como símbolo totémico

a muller como animal sobrenatural

a muller como xeradora de vida

a muller como espírito guía

a muller como forza da natureza

 

Na necesidade de expresar emocións, sentimentos e experiencias propias vividas na actualidade, ser instintivo, espontáneo, natural, inxenuo, pouco refinado, bruto, salvaxe, impulsivo, non contaminado, presocial; todo aquilo que ten a arte ancestral ou primitiva axúdame.

A exposición invita a sentir a enerxía que transmiten os propios materiais para entrar en diferentes estados de ánimo: pedra, aluminio, resina, escaiola, madeira, coiro, lá, queratina, bosta, musgo, sangue...

 

Camilo Seira nace en Rois, A Coruña en 1974, con dezaseis anos traballa co escultor santiagués Fernando Blanco, discípulo de Asorey, co que pasará 3 anos. Gradúase na Escola de Artes Mestre Mateo na disciplina de volume e licenciase en Belas Artes en Pontevedra. A súa formación reflíctese na súa obra, é un artista capaz de crear dende o dominio da técnica clásica á máis conceptual e contemporánea. Exerceu como profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio, Pontevedra, cargo que decide deixar para dedicarse por completo á escultura.

A súa traxectoria artística é moi ampla, posúe máis de vinte e cinco monumentos públicos distribuídos pola Xeografía española, e conta con numerosas mostras expositivas, tanto individuais como colectivas, moitas delas cunha grande repercusión social, como a exposición na Casa de Galicia en Bos Aires, Arxentina, na Casa de Galicia en Madrid, no MIHL museo interactivo da historia de Lugo, así como en galerías e salas de exposición por todo o territorio galego e nacional.

Lugar
La Doce

Avd Constitucion nº12, Bajo
15930 Boiro
Tel: 981 97 28 54
info@ladoce.net
Google maps
Todos los derechos reservados. 2015.