InicioInicio
EmpresaEmpresa
ContactoContacto
FormacionFormacion
TalleresTalleres
CalendarioCalendario
CreaciónCreación
Instalaciones / TallerInstalaciones / Taller
CoworkingCoworking
Residentes Residentes
GaleríaGalería
ExposicionesExposiciones
ArtistasArtistas
EspacioEspacio
FeriasFerias
TiendaTienda
HandmadeHandmade
Material de Bellas ArtesMaterial de Bellas Artes
EnmarcadoEnmarcado
Exposiciones
<< volver
Back
O desenrolo do bosquexo. Fran López
Del 22 de Abril - 22 Mayo 2023

"O desenrolo do bosquexo" é o título desta primeira exposición individual de Fran López Cierto que integra varias das disciplinas desenvolvidas ao longo da súa traxectoria artística. Nela pódense ver dende dibuxos orixinais e ilustracións, ata esculturas ou animacións feitas en diferentes etapas, que mostran a súa diversidade creativa.

Nado en Noia, Fran é un caricaturista, ilustrador e creativo de diferentes ámbitos artísticos. Dende ilustración, murais, mestre de debuxo e manualidades, caricaturas e retratos por encargo ou en vivo para eventos, pasando pola creación de cómic e storyboard. Respáldano moitos anos de experiencia como deseñador de logos, cartelería, camisetas, etc…

Xunto ás disciplinas de Ilustración e Deseño Gráfico, Fran traballa duro no modelado desde pequeño, por iso cursou ademáis un ciclo de artes plásticas en deseño de escultura aplicada ás decoracións de espectáculos na escola de Artes e Oficios Pablo Picasso de A Coruña. Sen desvincularse do espectáculo e as artes escénicas, conta ademáis con diversos proxectos audiovisuais nos que continúa traballando: cortos, animación 2D e 3D, unha serie de marionetas e moito máis.

Entre os seus últimos traballos están os que forman parte desta exposición. Unha serie de viñetas realizadas para A Voz de Galicia na sección de pasatempos “Os 8 errores de Fechan”. E tamén as ilustracións orixinais para un libro escrito por Sophia Morrison e traducido ao galego por Milagros Torrado Cespón de próxima publicación titulado “Contos da Illa de Man”.


Lugar
La Doce

Avd Constitucion nº12, Bajo
15930 Boiro
Tel: 981 97 28 54
info@ladoce.net
Google maps
Todos los derechos reservados. 2015.