InicioInicio
EmpresaEmpresa
ContactoContacto
FormacionFormacion
TalleresTalleres
CalendarioCalendario
CreaciónCreación
Instalaciones / TallerInstalaciones / Taller
CoworkingCoworking
Residentes Residentes
GaleríaGalería
ExposicionesExposiciones
ArtistasArtistas
EspacioEspacio
FeriasFerias
TiendaTienda
HandmadeHandmade
Material de Bellas ArtesMaterial de Bellas Artes
EnmarcadoEnmarcado
Exposiciones
<< volver
Back
ultramarina. novenoel
Del 21 de Mayo al 25 de Junio del 2022
 
“Máis alá do mar. Imos cara aquel punto no horizonte que se divisa dende os cantís batidos pola marea… E sempre me preguntas: Qué significa?”

Ultramarina explora os camiños da pintura dende a narrativa. Cóntanos como é navegar nun mundo onde as imaxes tradicionais son fragmentadas e as palabras se deforman dixitalmente. As presións cambiantes debúxanse en mapas isobáricos pintados á man e gárdanse en latas de conserva; planos visuais que falan da meteoroloxía futura, dos rumbos, da dirección do vento, da forza das mareas ou das pedras que non aparecen nos radares.

Novenoel desprega na galería La doce un universo marítimo; o contexto no que se desenvolve unha historia gráfica pintada coa linguaxe acrílica da verdade, esa que transforma os muros da rúa en xanelas con vistas ao mar. Os bosquexos preliminares do proceso creativo evolucionan dende acuarelas rápidas e lixeiras cara unha pintura plástica sobre lenzos intervidos de forma máis densa e precisa, onde a textura, o trazo e o encadre asumen un papel fundamental.

No remate, unha instalación coa vela dun barco como soporte pictórico actúa coma un final aberto e ondeante. As boias gardan as mensaxes precisas para non afundirse nunha travesía que só acaba de comezar, se eres quen de percorrela.
 
Ver Catálogo EXPO

Lugar
La Doce

Avd Constitucion nº12, Bajo
15930 Boiro
Tel: 981 97 28 54
info@ladoce.net
Google maps
Todos los derechos reservados. 2015.