InicioInicio
EmpresaEmpresa
ContactoContacto
FormacionFormacion
TalleresTalleres
CalendarioCalendario
CreaciónCreación
Instalaciones / TallerInstalaciones / Taller
CoworkingCoworking
Residentes Residentes
GaleríaGalería
ExposicionesExposiciones
ArtistasArtistas
EspacioEspacio
FeriasFerias
TiendaTienda
HandmadeHandmade
Material de Bellas ArtesMaterial de Bellas Artes
EnmarcadoEnmarcado
Exposiciones
<< volver
Back
| Habitar | Jose Perozo
Del 18 de Septiembre al 23 de Octubre del 2021
| HABITAR │ é o título da exposición que Jose Perozo presenta na galería LA DOCE.
Trátase de unha serie de esculturas que continúan parte da súa investigación persoal no eido das artes plásticas na que o artista indaga ao redor de cómo habitamos o noso propio corpo.
Para Perozo é fundamental achegarse ao corpo entendido como morada, tratando de indagar e construír o que acontece en ese espazo. Un espazo que o artista define como "o que se mantén en esa fronteira que nos rodea á que chamamos pel" e onde "cada quen goberna intramuros desa linde con total soberanía". É dende ese lugar irredutible, onde Perozo conforma a súa teoría do exterior, e que identificamos como mundo.
De este xeito, o artista nos convida a realizar unha viaxe na que o íntimo e o social se misturan na creación do propio hábitat. Precisamente "nesa ilusión subxectiva é onde se forman outras posibilidades de construción. Outras lóxicas que sirvan de base a unha realidade na que entendamos o corpo como un edificio, un fogar".
| HABITAR | convídanos a volver a nós mesmos para así tomar consciencia do noso entorno, comprendendo o noso corpo como a máis definitiva das vivendas na que nunca moraremos.


www.joseperozo.es
Jose Perozo (Vigo, 1978) estudou Escultura no Mestre Mateo (Compostela) e Maquinaria Escénica e Construción de Decorados en Escénica (Granada).
Dende o ano 1998 reside en Santiago de Compostela, onde traballa no deseño e construción de escenografías e decorados para múltiples compañías de teatro e produtoras de cine e televisión.
No ano 2017 inaugura Bastións na Igrexa da Universidade (Santiago), unha exposición de 24 esculturas cunha marcada influencia do teatral e o escenográfico, representadas nunha linguaxe industrial e onírica.
No ano 2018 presenta Bastións II no Círculo de Empresarios de Galicia (Vigo), unha continuación da línea creativa da súa anterior mostra individual.
No 2019, como produto da residencia artística na Fundación Eugenio Granell (Santiago), presenta Fragmentaria, nova liña de traballo que afonda na construción do corpo humano nun sentido arquitectónico.
Durante eses anos participa tamén en diversos certames como o Gois-Oroso Arte ou a Bienal de Arte no Morrazo, ademáis de colaborar en exposiciós colectivas como Retratos con alegoría de J.Méndez ou Tres Tristes Artistas na Casa das Peritas de Fisterra. Tamén traballa con galerías como Isadora (A Coruña) ou José Lorenzo (Santiago).


 
Lugar
La Doce

Avd Constitucion nº12, Bajo
15930 Boiro
Tel: 981 97 28 54
info@ladoce.net
Google maps
Todos los derechos reservados. 2015.