InicioInicio
EmpresaEmpresa
ContactoContacto
FormacionFormacion
TalleresTalleres
CalendarioCalendario
CreaciónCreación
Instalaciones / TallerInstalaciones / Taller
CoworkingCoworking
GaleríaGalería
ExposicionesExposiciones
ArtistasArtistas
EspacioEspacio
TiendaTienda
HandmadeHandmade
Material de Bellas ArtesMaterial de Bellas Artes
EnmarcadoEnmarcado
Exposiciones
<< volver
Back
Adopta un Señor Importante. Natasha Lelenco
Del 17 de Diciembre al 17 de Enero

El 17 de Diciembre a las 18:30 h. Presentación de la campaña "Adopta un Señor Importante".

"A madeira arde. Os Señores Importantes son combustibles. Son leña seca, son cinza, apenas pó. Mírannos aos ollos e recórdannos que nada do que sentimos propio importa demasiado, nin o diñeiro, nin o poder, nin a beleza, nin tan sequera a morte. Adopta un Señor Importante. Os que fiquen sen fogar arderán na vindeira noite de San Xoán."

Natasha Lelenco é unha artista que se move no mundo da fantasía, dos relatos, dos contos. Historias que se desencadean a partir de feitos, lendas, sentimentos e realidades.

Nesta ocasión, os Señores e as Señoras Importantes de Lelenco, son unha colección de retratos imaxinarios a través dos que reflexiona sobre o efémero da vida, o azar e a insignificancia. Son retratos inspirados en personaxes que o relato histórico constrúe como protagonistas. Como dí a súa autora:

“Hai referentes contextuais, hai anécdotas, pero apenas serven como punto de partida para un xogo que abordo con liberdade, deixándome levar entre a melancolía e o humor.  Guíame a procura de patróns, a identificación de tipos definidos por modos de conduta, vicios, códigos de preferencias, valores, posicións ideolóxicas e erros. Interésame a idea da conciencia individual como espellismo. Os Señores Importantes encarnan ideas e sentimentos cos que ben nos podemos identificar ou recoñecer: a beleza, o eloxio da mocidade e da saúde, os cargos, os méritos, a soberbia, a vaidade, a arrogancia, o poder, as posesións… Todo aquilo que con frecuencia se emprega para embelecer o retrato e que, visto con distancia, e abordado desde unha certa idea de desarraigamento, finalmente, resulta absurdo, ridículo, fútil.”

Sen embargo, este proxecto expositivo de Natasha Lelenco vai máis aló. O azar e o diñeiro (poder) filtran na sociedade e na historia o relato final que nos chega, escollendo aqueles personaxes que sobreviven ao esquecemento: emperadores e monarcas marionetas, sacerdotes farsantes, historiadores incultos, artistas ¨fillos de ...¨ e un longo etcétera. Da mesma maneira, os retratos feitos por Lelenco nesta ocasión permanecerán se son adoptados polos asistentes. Está na man dos visitantes da mostra, adoptar un dos personaxes creados pola artista. Os demais non sobrevivirán, arderán na próxima fogueira de San Xoán.

Desta forma, a mostra “Adopta un señor importante” parte desa idea de desarraigamento, de distancia, compoñendo un mosaico de supostos individuos que son amosados como partes dunha mesma árbore, desde a perspectiva de que no fondo, por encima das razas, das épocas, das clases e doutras circunstancias, somos os mesmos e únenos o demérito de cometer sempre os mesmos erros. Os Señores e Señoras Importantes, son pezas individuais, ideadas e abordadas para alcanzaren a entidade que as iconas alcanzan nos fogares dos cristiáns ortodoxos ou os pósters dos ídolos nas habitacións dos fans adolescentes.

Ou obxectos combustibles dispostos para alimentar o lume.
Se queres salvalos da combustión, adopta!

Currículo breve 
Natasha Lelenco (Moldavia 1982). Estudou artes na Facultade de Belas Artes de Oradea (Cluj Napoca) e reside en Galicia dende o ano 2008. Actualmente reside e traballa exclusivamente na súa obra desde o seu estudo de Casa das Peritas, Mallas, Fisterra.

Lugar
La Doce

Avd Constitucion nº12, Bajo
15930 Boiro
Tel: 981 97 28 54
info@ladoce.net
Google maps
Todos los derechos reservados. 2015.